Semana do Mar, Feira y Mercado Marinero en A POBRA DO CARAMIÑAL 2023

del 7 al 9 de julio de 2023 A Pobra do Caramiñal pon a vista no litoral cunha nova edición da Semana do Mar. A Concellaría do Turismo lanza un programa cunha vertente lúdica, pero tamén cun importante factor divulgativo, que arranca coa feira mariñeira nos días 7, 8 e 9. Máis de corenta postos de artesanía e alimentación espallaranse polo núcleo urbano, que se engalanará con temática náutica: a praza do Cantón da Leña, a praza Victoriano García Martí, as rúas Unión e do Estremo, e os Xardíns de Valle-Inclán. O ambiente animarase con numerosos espectáculos itinerantes, ademais de contar cunha área exclusiva para o divertimento das crianzas

Semana do Mar y Feira Mariñeira en A Pobra do Caramiñal
Semana do Mar y Feira Mariñeira en A Pobra do Caramiñal

PROGRAMA DE LA SEMANA DO MAR EN A POBRA DO CARAMIÑAL 2023

O vínculo da Pobra do Caramiñal co eido marítimo exaltarase nunha nova edición da Semana do Mar que se desenvolverá como xa é costume no mes de xullo. A Concellaría do Turismo deseña un programa para se mergullar de cheo na tradición mariñeira con propostas para tódolos públicos, segundo anuncia o alcalde en funcións, Xosé Lois Piñeiro, acompañado pola técnica municipal do Turismo, Sara Sánchez.

 

Máis de corenta postos de artesanía e alimentación integran a feira coa cal arranca esta convocatoria que se desenvolverá nos días 7, 8 e 9. A acción concentrarase nas inmediacións do Cantón da Leña, da praza Victoriano García Martí, das rúas Unión e do Estremo, e dos Xardíns Valle-Inclán, que se engalanarán con temática náutica para facer máis auténtica a experiencia. A animación incrementarase nestes espazos con numerosos espectáculos itinerantes para tódalas idades, ademais de habilitar unha área exclusiva para o divertimento das crianzas.

 

A compoñente deportiva desta axenda virá marcada por unha visita ao Club Remo Puebla para probar a remar nun batel, no día 11. Establécese como punto de encontro a oficina de información turística (Casa Mariñeira), situada no parque do Castelo, ás 11.00 horas.

 

O momento de poñe-los pés na area chegará no día 13 cunha xornada de turismo mariñeiro na praia dos Raposiños. A expedición sairá ás 09.00 horas dende a referida instalación municipal. Trátase da única actividade pola cal haberá que pagar: 12 euros por persoa adulta e de balde para menores de 10 anos.

 

No día 15 viaxarase ao pasado para explora-la memoria e as historias da cultura do mar no municipio, a través dun itinerario guiado por Manuel Gago. Partirá ás 10.30 horas do aparcadoiro de San Lázaro, a carón da farmacia.

 

E, nesa mesma tarde, representarase a peza teatral infantil O peirao, a cargo de Diáspora Teatro. Será ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

 

Agás o mercado mariñeiro e a función, o resto da programación está suxeita a grupos limitados, polo cal é necesaria a inscrición previa. Para tal fin, habilítanse diferentes vías: de maneira presencial na propia oficina do turismo, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou telefonicamente no 981843280 (marcando a extensión 2035), 687482835 e 671090262.

 

Compártenos en Facebook

Te puede interesar: