Mercado Medieval de NARÓN 2023

del 13 al 16 de julio de 2023 el Mercado Medieval de Narón contará con un centenar de puestos de venta de diferentes productos artesanos, gastronómicos y también de locales en los que poder degustar diferentes manjares propios de estas celebraciones

Mercado Medieval de Naron
Mercado Medieval de Naron

Programa del Mercado Medieval de NARÓN 2023

O parque de Freixeiro acollerá esta semana, do xoves ao domingo, incluídos, unha nova edición do Mercado Medieval de Narón. Así o anunciou a concelleira de Feiras, Mar Gómez, que presentou esta mañá o evento, que contará cun centenar de postos de venda de diferentes produtos artesáns, gastronómicos e tamén de locais nos que poder degustar diferentes manxares propios destas celebracións.

 

Gómez avanzou que o Mercado Medieval abrirá as súas portas este xoves ás 18.00 horas, e sobre as 18.30 abrirá o campamento medieval e tamén o recuncho infantil para os nenos e nenas, con diferentes xogos de mesa, e a escola de cabaleiros. Na xornada do venres os postos de artesáns e vendedores reabrirán pola mañá, ás 11.00 horas e ás 11.30 o recuncho infantil e o campamento medieval.

 

Ao longo da mañá, a partir das 12.30 horas, o trasno Froilán amenizará a visita aos nenos e nenas e ao mediodía, ás 14.00 horas, poderase visitar a zona de restauración e probar os manxares que se prepararán na zona. Xa pola tarde, ás 18.00 horas reabrirán os postos e media hora máis tarde o recuncho infantil e o campamento medieval.

 

A programación continuará sobre as 19.00 horas cun gran pasarrúas de inauguración, no que participarán todas as compañías, músicos, personaxes fantásticos, acróbatas, zancudos, matasáns e outros personaxes que durante a fin de semana estarán no Mercado Medieval.

 

A música dos redobres dos tambores chegará a partir das 20.15 ao parque de Freixeiro, onde tamén estarán A Tróupele de Luisete, personaxes fantásticos en zancos repartindo sorrisos con Teatro Infinito, e as formacións Human no Limits, Turdión, a maxia de Baom, o peregrino Gandulf, elfos e outros personaxes que visitarán o mercado. Ás 23.00 horas dará comezo un espectacular pasarrúas de peche con Malverok, o gran dragón, e no que non faltarán a pirotecnia, o lume e as gaitas e tambores de Treefolk.

 

O sábado 15 retomarase a programación ás 11.00 horas e tamén estarán operativos o campamento medieval e o recuncho infantil. Os personaxes de Humans no Limits, Faustus o fauno, a música de Treefolk, os monicreques de Teatro infinito e a música de Turdión, así como o sabio druida Morazimer, animarán a xornada matinal, xunto cos pasacalles e a presencia doutros personaxes.

 

Pola tarde haberá ás 18.00 reabrirá o mercado e as diferentes propostas de teatro, música, personaxes fantásticos e zancudos sucederanse dende as 18.45 ata as 23.15 horas, momento do que comezará un gran pasacalle de peche de xornada con Malverock, o gran dragón, para rematar cun espectáculo aéreo de fume, pirotecnia e acrobacias.

 

Finalmente, o domingo haberá tamén programación no Mercado Medieval en horario de mañá e tarde. Dende as 11.00 horas que reabirá, para iniciar as propostas teatrais ás 12.00 e ás 12.15 a música e os paseos de personaxes fantásticos, circo a partir das 13.45… Pola tarde o parque de Freixeiro acollerá as últimas propostas desta edición a partir das 18.00 horas, con monicreques, música, visita de personaxes fantásticos… e un gran pasacalle ás 22.30 horas para pechar esta cita con Malverok, o gran dragón, Luisete, Alimaña, Turdión, Treefolk e Teatro Infinito e un espectáculo de lume, pirotecnia e acrobacias.

 

A maiores, as nenas e nenos poderán subirse a atraccións infantís, como unha noria, unha torre medieval, unha barca e un carrusel que se instalarán no parque de Freixeiro. Así mesmo, poderán aprender da man de Regino, o mestre seteiro, a nobre arte da arquería e desfrutar de diferentes xogos de mesa, tal e como avanzou Gómez

 

A concelleira de Feiras animou á cidadanía “a achegarse esta semana ao Mercado Medieval de Narón, con múltiples propostas para persoas de todas as idades, que terán a oportunidade de gozar un ano máis desta cita nun espazo privilexiado da nosa cidade”.