Comparte esta página en
Programa y actividades de la FESTA DA TROITA en OROSO
Del 8 al 10 de Mayo de 2015
A Festa da Troita chega este ano ao seu décimo noveno aniversario. Un número "aparentemente feo", sobre todo se temos en conta que se atopa xusto no medio doutros tan emblemáticos como o dezaoito, que marca a maioría de idade, e o vinte, que vén sendo un número moito máis redondo. Pero quen pense que a Troita de Oroso se vai agachar neste 2015 tras dun penedo á espera de correntes máis rápidas é que non coñece nin á nosa troita nin aos orosáns e orosás.
O que comezou sendo o acompañamento dun concurso de pesca tense convertido, a base de moito traballo e esforzo, nun dos referentes festeiros e gastronómicos da nosa comunidade. Non en van estamos falando da primeira Festa de Interese Turístico da comarca de Ordes e, durante moitos anos, a única festa que gozou desta distinción na nosa contorna. E iso é asi porque soubemos reinventarnos ano tras ano. Coller as cousas que tiñan éxito e avanzar sobre elas, ao tempo que incorporamos cousas novas. Así conseguimos elaborar este programa que tes na túa man, que inclúe actividades para todos os gustos e idades.
Un programa que inclúe máis música ca nunca. O "Festival Oroso en vivo" traeranos todas as noites ás mellores orquestas de Galicia: Combo Dominicano, Esencia, París de Noia, Fania, Panorama, Bahía Blanca, ... Ademais das tradicionais charangas, este ano ampliaremos o número de pasarrúas, grazas aos acordos de colaboración asinados coas distintas entidades culturais de Oroso: Lembranzas do Tambre, Buxos Verdes, Néboas do Cumio, Amigos do Acordeón, ... Outra novidade será a recuperación dunda antiga actividade: o Arte na Rúa. Se o tempo nos acompaña, un grupo de artistas locais e portugueses amosarán a todos os visitantes como é o proceso de creación dunha obra de arte. Un xeito ameno e educativo de sacar o arte dos salóns de exposicións.
Canda elas estarán actividades xa consolidadas como o concurso de pesca, a feira da Artesanía e os Oficios, o obradoiro de bailes, que este ano incluirá un concerto de rap con Versos&Dramas, a concentración de coches clásicos, os xogos tradicionais de Garabato de Xogos ou os obradoiros e actividades de circo para os máis pequenos. E todo sen esquecer á protagonista da nosa festa, que será degustada tanto na alameda de Góis como nos distintos establecementos hostaleiros colaboradores. Porque Troita coma a de Sigüeiro, non a hai no mundo enteiro.
De feito, hai un vello dito de pescadores que ben se lle podería aplicar á troita de Oroso: "Deus puido, sen dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita. Pero, tamén sen dúbida, non o fixo Deus xamais". E estes dezanove anos que levamos celebrando a Festa da Troita son boa proba diso, pese a ser un número "aparentemente feo".
Agardámoste do 8 ao 10 de maio na Festa da Troita
PROGRAMA DE LA FESTA DA LA TROITA EN OROSO
VENRES 8 de MAIO
20:30 horas: Exposición Arte Amizade Galego-Portuguesa.
Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa
22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO
- Orquestra París de Noia
- Orquestra Fania
Lugar: Alameda de Góis
SÁBADO 9 de MAIO
09:00 a 13:00 horas: Campionato de pesca Adultos
11:00 a 14:00 horas: Arte na rúa.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo - Paseo Carboeiro
11:30 a 13:00 horas: Obradoiros infantís.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
11:30 a 21:00 horas: Exposición Arte Amizade Galego-Portuguesa.
Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa.
11:30 a 21:30 horas: Feira de Artesanía e oficios.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
16:00 a 20:00 horas: Campionato de pesca Adultos.
17:00 a 21:00 horas: Arte na Rúa.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo - Paseo Carboeiro
18:00 horas: PROGRAMACIÓN INFANTIL / CIRCO DE CLOWN.
"Solo Guillermo Solo "
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
19:00 horas: Pasacalles da A.F. Lembranzas do Tambre.
19:00 horas: Obradoiro de bailes: country e baile moderno.
Actuación: A. F. Lembranzas do Tambre e A. C. Néboas do Cumio.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO.
- Orquestra Panorama
- Orquestra Esencia
Lugar: Alameda de Góis
DOMINGO 10 de MAIO
09:30 a 13:30 horas: Campionato de Pesca Infantil.
10:30 horas: Pasacalles.
- Charanga N.B.A.
11:30 a 13:30 horas: Garabato de Xogos.
"Xogos de Habilidades".
Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo
11:30 a 21:00 horas: Exposición Arte Amizade Galego-Portuguesa.
Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa.
11:30 a 20:00 horas: Concentración de coches clásicos e antigos.
Lugar: arredores da Praza de Isaac Díaz Pardo
11:30 a 21:30 horas: Feira de Artesanía e Oficios.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
12:00: Pasacalles e baile.
Actuación: A.F. Buxos Verdes
Lugar: Alameda de Góis e arredores
12:30 horas: Degustación de Troitas en bares colaboradores e na Alameda de Góis.
- Pasacalles Charanga N.B.A.
Lugar: Alameda de Góis.
13:30 horas: Pregón: Fran Rey e Pedro Brandariz (O Gordo e O Calvo do LUAR).
Entrega de premios e trofeos do Campionato de Pesca.
Lugar: Alameda de Góis.
14:15 horas: Sesión Vermú:
- Orquestra Bahía Blanca
Lugar: Alameda de Góis.
14:30 horas: Xantar Popular
Lugar: Carpa da Alameda de Góis.
16:00 horas: Feira de Artesanía e Oficios.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo.
16:30 horas: Pasarrúas e Charangas:
- Charanga N.B.A.
- Amigos do Acordeón .
17:30 a 19:30 horas: Garabato de Xogos.
"Xogos de Habilidades ".
Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo e arredores
19:30 horas: Verbena:
- Orquestra Bahía Blanca
- Combo Dominicano
Lugar: Alameda de Góis.
En caso de mal tempo as programacións infantís e o festival folclórico trasladaranse á carpa na Alameda de Góis.
Déjanos tu comentario