A xornada inaugural será o venres, 25 de xullo, a partir das 17:00 horas, coa apertura do mercado, obradoiros, recuncho infantil, pasarrúas, contacontos, espectáculos de lume e danza e o concerto de Awen, previsto para as 00:00 horas.
O sábado, 26 de xullo, a programación comezará desde as 11:00 horas coa apertura do mercado, obradoiros e recuncho infantil. Tamén haberá contacontos, pasarrúas de diversas temáticas, así como o de gran formato previsto para as 21:30 horas, espectáculo de lume, danza e pirotecnia ás 23:30 horas, o concerto de música celta de Gálata, e outro espectáculo pirotécnico pasadas as 00:30 horas.
Na derradeira xornada, domingo 27 de xullo, tamén haberá obradoiros e recuncho infantil, pasarrúas -tamén un de gran formato ás 20:45 horas-, títeres, contacontos, e como fin, o espectáculo de lume e pirotecnia das 22:00 horas a cargo de A todo trapo, Keltha y Triskelion.
Compártenos en Redes Sociales
TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR