Mercado Medieval y Desembarco de CORCUBIÓN

del 25 al 27 de julio de 2025

Mercado Medieval de Corcubion
Mercado Medieval de Corcubion

🏰O XXIII MERCADO MEDIEVAL DE CORCUBIÓN XA ESTÁ AQUÍ

 

🗓️Do 25 ao 27 de xullo de 2025, o fermoso casco histórico de Corcubión transformarase nun auténtico escenario medieval cheo de cor, música e tradición.

 

🔔 Durante tres días, viaxaremos ao século XV con:

 

🛍️ Postos de artesanía, produtos tradicionais e gastronomía.

⚔️ Torneos, loitas e recreacións históricas, como o famoso desembarco das tropas do Arcebispo Rodrigo de Luna.

🎭 Espectáculos itinerantes con xoglares, malabaristas, teatro de rúa, música e lume.

👧 Zonas infantís con talleres, xogos,  e moita diversión para os máis pequenos.

🛡️ Obradoiros e demostracións de oficios antigos.

 

📍 Corcubión vístese de época para acoller a veciños, visitantes e aventureiros dispostos a mergullarse na historia, no ambiente máis máxico da Costa da Morte.

 

🌟 Non perdas esta cita coa historia, a festa e a cultura!

Vive Corcubión. Vive o seu Mercado Medieval.

 

👉Organiza a Asociación Cultural Cantigas de Dona Xohana en colaboración co Concello de Corcubión e Protección Civil.

 

 

⚔️RECREACIÓN DO DESEMBARCO DAS TROPAS DO ARCEBISPO RODRIGO DE LUNA EN CORCUBIÓN

📜 Revive a historia en Corcubión! 

 

⚔️Este VENRES 25 DE XULLO, terá lugar, outro ano máis, a recreación da chegada do Arcebispo Rodrigo de Luna á nosa vila, un feito histórico que marcou o século XV na Costa da Morte.

 

📜No ano 1457, Rodrigo de Luna, arcebispo de Santiago de Compostela, desembarcaba en Corcubión acompañado dun séquito de soldados e nobreza co obxectivo de afianzar a autoridade eclesiástica na comarca, pero atópanse coa resistencia do pobo de Corcubión e de Gomes de Rioboo que darán batalla para gardar a nobre Vila de Corcubión. Para coñecer o desenlace desta loita terás que vír a velo....

 

🏰 Reviviremos ese momento coa Recreación histórica do desembarco

🎺 Desfile de tropas e comitivas medievais

🕯️ Música antiga, teatro e espectáculos todo enmarcado do Mercado tradicional e sabores da época

📍 Praia de Corcubión 

🕕 A partir das 22:30h.

Unha oportunidade única para mergullarse na nosa historia e celebrar as raíces de Corcubión como vila clave nos camiños de poder da Galicia medieval.

🔔 Vístete de época e forma parte desta viaxe ao pasado!

 

 

Programa del Mercado Medieval de CORCUBIÓN 2025

Desembarco de Corcubion
Desembarco de Corcubion
Programa del Mercado Medieval de Corcubión
Programa del Mercado Medieval de Corcubión
Programa del Mercado Medieval de Corcubión
Programa del Mercado Medieval de Corcubión
Programa del Mercado Medieval de Corcubión
Programa del Mercado Medieval de Corcubión

Compártenos en Redes Sociales

TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR

Ferias y Mercados Medievales en A Coruña