Mercado Templario de O BURGO DO FARO - Culleredo

del 3 al 6 de julio de 2025

Mercado Templario de O Burgo do Faro - Culleredo
Mercado Templario de O Burgo do Faro - Culleredo

O Mercado Templario do Burgo do Faro é fiel á súa cita anual e desenvolverase este ano desde o xoves 3 ata o domingo 6 de xullo de 2025. O Concello de Culleredo promove a cita, xa consolidada como elemento dinamizador do municipio ao atraer a centos de persoas.

 

Situarase, como é habitual, no Paseo Marítimo do Burgo, na contorna da ponte. O espazo recibirá a personaxes e contará con actividades da idade medieval, en conmemoración da época histórica na que a localidade foi referente.

 

A apertura será o xoves 3 de xullo, cando serán as primeiras animacións. Cada xornada haberá numerosos espectáculos, segundo a programación habitual do evento: pasarrúas, espectáculos de lume, trapecistas, batucadas, humor e personaxes como zancudos, seres mitolóxicos ou bufóns, entre outras moitas propostas.

 

Os postos serán variados, desde artesanía ata gastronomía. Para os pequenos e pequenas haberá un espazo aberto con xogos infantís, talleres e atraccións ecolóxicas. E a música será un son habitual no Mercado.

 

Compártenos en Redes Sociales

TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR

Ferias y Mercados Medievales en A Coruña